Ahí vos vai:
MANOLIÑO
Las hojas del viento son,
la mula que no corcovea
no vale pa’l carretón.[1]
Aquelas dúas mulleres eran solteiras, vivían
solas e dun xeito que rozaba a indixencia. Sen embargo seica tiñan moitos
cartos.
Só unha delas tivera un fillo. Manoliño.
Manoliño, aínda que era un pouquiño “mal”,
era moi traballador.
O mal xa lle viñera feito. O seu avó era seu
pai.
E ao preguntar polo caso, os veciños dicían: “Pobriños.
Eran coma os coellos, xuntábanse todos. Non viran outra cousa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario