jueves, 6 de febrero de 2014

Queredes ler unha das miñas "Historias pequeniñas da vida"?
Ahí vos vai:


MANOLIÑO
Las hojas del viento son,
la mula que no corcovea
no vale pa’l carretón.[1]

Aquelas dúas mulleres eran solteiras, vivían solas e dun xeito que rozaba a indixencia. Sen embargo seica tiñan moitos cartos.
Só unha delas tivera un fillo. Manoliño.
Manoliño, aínda que era un pouquiño “mal”, era moi traballador.
O mal xa lle viñera feito. O seu avó era seu pai.
E ao preguntar polo caso, os veciños dicían: “Pobriños. Eran coma os coellos, xuntábanse todos. Non viran outra cousa”.



[1] Versión de un fragmento del Guaguancó "El Mondongo", cuyo compositor es Agustín Pina "Flor de Amor".