jueves, 14 de mayo de 2015

(1999)

Como recuperar a alma
se un día se nos perde,
quizais na penumbra da alba
agachada entre unha choiva de penas.

domingo, 1 de marzo de 2015

Tanto que nos une, meu amor, e tanto que nos separa.
Eu tamén choro.
Mais un día, vou derrubar esa maldita parede.
E Platón morrerá.

jueves, 6 de febrero de 2014

Queredes ler unha das miñas "Historias pequeniñas da vida"?
Ahí vos vai:


MANOLIÑO
Las hojas del viento son,
la mula que no corcovea
no vale pa’l carretón.[1]

Aquelas dúas mulleres eran solteiras, vivían solas e dun xeito que rozaba a indixencia. Sen embargo seica tiñan moitos cartos.
Só unha delas tivera un fillo. Manoliño.
Manoliño, aínda que era un pouquiño “mal”, era moi traballador.
O mal xa lle viñera feito. O seu avó era seu pai.
E ao preguntar polo caso, os veciños dicían: “Pobriños. Eran coma os coellos, xuntábanse todos. Non viran outra cousa”.



[1] Versión de un fragmento del Guaguancó "El Mondongo", cuyo compositor es Agustín Pina "Flor de Amor".


martes, 21 de enero de 2014

Limpeza

Limpei,
limpei as mans,
limpei o chan,
limpeino case todo,
menos a alma,
esa non,
non se deixa limpar
e non me importa,
xa non,
agora que paso dos 40
miro atrás
e non vexo nada que limpar.

viernes, 12 de abril de 2013

Presentación Renacimiento

Como actividad inicial, vemos esta presentación. El vídeo que enlazo en el título es garantía de éxito, ¡siempre!

                               

Mural de Neruda

Aquí va un mural de Neruda, sencillo, con un solo poema, y la versión de Mercedes Sosa, para deleitar los oídos escuchándolo.